Onte, 30 de Decembro de 2014, tivemos o provilexio e impartir un taller de Robótica Educativa e Programación promovido pola Concellería de Educación e Cultura do Concello de Sanxenxo e que tivo lugar no Pazo Emilia Pardo Bazán entre as 10:00 e as 14:00.
O obradoiro foi un resumo do que levamos traballado cós nenos do CEIP Noalla – Telleiro na actividade extraescolar de robótica e programación educativa, e os puntos claves que se reforzaron foron:
- Traballo por parellas (pair programming). Creación de equipo
- Divertímonos e o límite polo ti. Fomento da creatividade e control propio.
- Fundamentos da mecánica con Lego WeDo: eixes, poleas, engranaxes …
- Fundamentos da programación con Lego WeDo: bucles, mensaxes, programación lineal, programación por bloques …
- Programación con Scratch. Programación dun videoxogo simple.
- Scratch e Lego WeDo: avanzando na programación de robots.
- Introducción a Lego MindStorms.
24 nenas e nenos demostraron, unha vez máis, que as máis novidosas e avanzadas tecnoloxías non poden agochalos seus misterios ante tanta enerxía, curiosidade e ilusión.
Valoramos moi positivamente a aposta da Concellería de Cultura e Educación do Concello de Sanxenxo por este tipo de iniciativas en ensino STEM que reforza as capacidades das nenas e nenos en ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas. Agardamos poder repetir esta experiencia para espallar os coñecementos de robótica e programación a toda a xuventude do concello sanxenxino.