Obradoiro de robótica no Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo

Onte, 30 de Decembro de 2014, tivemos o provilexio e impartir un taller de Robótica Educativa e Programación promovido pola Concellería de Educación e Cultura do Concello de Sanxenxo e que tivo lugar no Pazo Emilia Pardo Bazán entre as 10:00 e as 14:00.

O obradoiro foi un resumo do que levamos traballado cós nenos do CEIP Noalla – Telleiro na actividade extraescolar de robótica e programación educativa, e os puntos claves que se reforzaron foron:

  • Traballo por parellas (pair programming). Creación de equipo
  • Divertímonos e o límite polo ti. Fomento da creatividade e control propio.
  • Fundamentos da mecánica con Lego WeDo: eixes, poleas, engranaxes …
  • Fundamentos da programación con Lego WeDo: bucles, mensaxes, programación lineal, programación por bloques …
  • Programación con Scratch. Programación dun videoxogo simple.
  • Scratch e Lego WeDo: avanzando na programación de robots.
  • Introducción a Lego MindStorms.

24 nenas e nenos demostraron, unha vez máis, que as máis novidosas e avanzadas tecnoloxías non poden agochalos seus misterios ante tanta enerxía, curiosidade e ilusión.

Valoramos moi positivamente a aposta da Concellería de Cultura e Educación do Concello de Sanxenxo por este tipo de iniciativas en ensino STEM que reforza as capacidades das nenas e nenos en ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas. Agardamos poder repetir esta experiencia para espallar os coñecementos de robótica e programación a toda a xuventude do concello sanxenxino.

Participación na Hora do Código 2014

O obxetivo era ambicioso: 100 millóns de estudiantes ó deredor do mundo botando unha hora de estudio de ciencias da computación. Cativos, maiores, homes, mulleres, universitarios, sen estudios, fontaneiros, presidentes …

Tan ambicioso que non o acadamos, PERO máis de 75 MILLÓNS de PERSOAS ó longo da semana aprenderon os principios básicos da programación ¡Alucinante!

A todos, moitas gracias … Agardámosvos o ano que ven na vindeira Hora do Código

A Hora do Código - Noalla, Sanxenxo, Pontevedra 2014