As rapazas e rapaces asistentes á actividade extraescolar de Robótica e Programación Educativa impartida por A Bruxa Avaría do CEIP Noalla – Telleiro en Sanxenxo estiveron desenrolando por libre a súa creatividade usando Lego Mindstorms, e Lego WeDo. Tamén se fixo unha pequeña demostración dun PrintBot Renacuajo de bq.
Algúns dos recursos interesantes para facer frente ó concurso de videoxogos do CPETIG
- Usando clons en Scratch. Efecto neve sobre Noalla
- Academia de creación de videoxogos con Scratch da Ovella Shaun
- Programación con bloques para facer apps móbiles
A partir de agora comezaremos a traballar no deseño dos personaxes e no Story-board do videoxogo.